Skip to main content
deportes

Subvencións a actividades deportivas no Concello de Cee

O obxecto desta convocatoria vén a desarrolar as actuacións de promoción do deporte en beneficio do desenvolvemento deportivo local, definidas en ámbito do artigo 25.2. apartado l) da Lei 7/1985 Reguladora das bases de Réxime local, e así mesmo, devandita actuación atópase recollida no ámbito das competencias definidas para os municipios no artigo 8 apartados 2 e 9, da Lei 3/2012 do 2 de abril do deporte de Galicia.

Os beneficiarios son as entidades deportivas legalmente constituídas, inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia e no Rexistro Municipal de Asociacións, ter o seu domicilio social e desenvolver as súas actividades no Concello de Cee.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/10/2026_0000002116.html

Comments