Skip to main content
deporte e cultura

Subvencións para actividades culturais e deportivas no Concello de Dumbria

A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas para as seguintes actividades:

Promoción de actividades culturais e deportivas (desenvolvemento de actuacións culturais e deportivas, e participación en competicións, torneos ou ligas oficiais). O período que se terá en conta para a realización das actividades será dende o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026.

O tipo de gastos financiados serán estritamente gastos correntes nos que incorran os beneficiarios para o desenvolvemento das súas actividades.

As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/29/2026_0000002621.html

Comments