Campus linguístico Verán Máis Aló no Concello de Fene
Estas bases teñen como obxecto regular a matriculación das persoas interesadas en participar no campus lingüístico “Verán Máis Alá 2026”.
As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.
As datas e medios para presentar a dita documentación da matrícula provisional serán:
Por medios telemáticos, na sede electrónica municipal (https://sede.fene.gal/), desde as 08.00 horas do xoves 28 de maio ata ás 14.00 horas do luns 1 de xuño de 2026. A documentación incorporada pola sede electrónica deberá ser en formato PDF, e preferiblemente, unida nun único PDF para cada menor a matricular.
De maneira presencial, no departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais 44, entresollado) do 3 ao 5 de xuño. Para acollerse a esta modalidade hai que solicitar cita previa os días 27, 28 e 29 de maio de 2026, en horario de 9.00 a 13.30 horas, no teléfono 981 340 366.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/29/2026_0000002623.html




Comments