Skip to main content
actividades deportivas

Bolsas para actividades deportivas no Concello de Arteixo

Considerando que o Concello de Arteixo recoñece as funcións do deporte como elemento fundamental na formación integral e mellora da calidade de vida dos cidadáns e como favorecedor de cohesión social, considerando de interese a actividade deportiva. Consecuentemente é preciso destinar recursos económicos á actividade de fomento, para a concesión de axudas económicas destinadas á promoción do deporte federado, organización de eventos deportivos e á organización de programas de fomento de actividade física saudable.

As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.

O prazo para presentar as solicitudes será de DEZ DIAS HÁBILES, contado dende o seguinte ao da publicación oficial do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña na forma e nos termos previstos na Lei Xeral de Subvencións.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/30/2026_0000002638.html

Comments