Skip to main content
amicos

Nova formación en liña de +Emprego Xove con bolsa diaria e prácticas en empresa para mocidade de 16 a 29 anos

A Asociación Amicos pon en marcha unha nova acción formativa dentro do programa +Emprego Xove, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e a Fundación ”la Caixa”, dirixida a persoas mozas de entre 16 e 29 anos.

Esta iniciativa está destinada á mocidade que poida inscribirse no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e que estea interesada en mellorar a súa empregabilidade mediante formación gratuíta e orientación laboral.

Inicio da formación: 25 de maio
Modalidade: en liña

Certificacións oficiais incluídas:

  • MF0969_1. Técnicas administrativas básicas de oficina
  • Prevención de Riscos Laborais (60 horas)

Ao remate da formación, as persoas participantes realizarán prácticas non laborais en empresa.

Ademais, o programa inclúe unha bolsa de 10 euros por cada día de asistencia, que será validada mediante a conexión á plataforma virtual.

Máis información e inscricións:

Comments