Skip to main content

O Corgo abre tres procesos selectivos para reforzar a prevención e defensa contra os incendios forestais

O Concello do Corgo publicou tres convocatorias para a contratación de persoal laboral temporal vinculado ás tarefas de prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2026. As ofertas inclúen postos para brigadas de incendios, persoal de apoio ao tractor desbrozador e condutores/as de motobomba.

Prazas convocadas

  • Brigada de incendios forestais
    • 1 xefe/a de brigada
    • 1 peón condutor
    • 3 peóns de brigada
  • Peóns/as de apoio ao tractor
    • 3 prazas para realizar tratamentos preventivos mecanizados en vías e camiños municipais.
  • Condutores/as de motobomba
    • 3 prazas para o manexo de vehículos motobomba destinados á prevención e extinción de incendios forestais.

Requisitos xerais

As persoas aspirantes deberán cumprir, entre outros requisitos, ter entre 16 e 60 anos, estar en posesión do permiso de conducir B e acreditar o coñecemento da lingua galega ou superar a correspondente proba.

Prazo de solicitude

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contados desde o día seguinte á publicación das convocatorias no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello do Corgo, na sede electrónica municipal ou a través dos medios previstos na normativa vixente.

Bolsas de emprego

As persoas que superen os procesos selectivos e non obteñan praza pasarán a formar parte de bolsas de emprego para cubrir posibles baixas, substitucións ou futuras contratacións durante o ano 2026.

Comments