O Corgo abre tres procesos selectivos para reforzar a prevención e defensa contra os incendios forestais
O Concello do Corgo publicou tres convocatorias para a contratación de persoal laboral temporal vinculado ás tarefas de prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2026. As ofertas inclúen postos para brigadas de incendios, persoal de apoio ao tractor desbrozador e condutores/as de motobomba.
Prazas convocadas
- Brigada de incendios forestais
- 1 xefe/a de brigada
- 1 peón condutor
- 3 peóns de brigada
- Peóns/as de apoio ao tractor
- 3 prazas para realizar tratamentos preventivos mecanizados en vías e camiños municipais.
- Condutores/as de motobomba
- 3 prazas para o manexo de vehículos motobomba destinados á prevención e extinción de incendios forestais.
Requisitos xerais
As persoas aspirantes deberán cumprir, entre outros requisitos, ter entre 16 e 60 anos, estar en posesión do permiso de conducir B e acreditar o coñecemento da lingua galega ou superar a correspondente proba.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contados desde o día seguinte á publicación das convocatorias no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello do Corgo, na sede electrónica municipal ou a través dos medios previstos na normativa vixente.
Bolsas de emprego
As persoas que superen os procesos selectivos e non obteñan praza pasarán a formar parte de bolsas de emprego para cubrir posibles baixas, substitucións ou futuras contratacións durante o ano 2026.




Comments