Skip to main content
experiencia profesional

Programa Primeira Experiencia Profesional_2026

Consellería de Emprego publica as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das subvencións para promover a primeira experiencia profesional, a través de contratos formativos.

a) Programa I: primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos (código de procedemento TR353C).

b) Programa II: primeira experiencia profesional en oficios artesanais (código de procedemento TR353E).

Persoas e empresas beneficiarias:

Programa I. Primeira experiencia profesional das persoas mozas (código de procedemento TR353C)

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as comunidades de bens e sociedades civís que contraten persoas traballadoras mozas por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia,

Tamén poderán ser beneficiarios os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, excepto para realizar contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social respectivamente.

Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, así como as entidades sen ánimo de lucro.

Programa II. Primeira experiencia profesional en oficios artesanais (código de procedemento TR353E)

Poderán ser entidades beneficiarias das axudas ao abeiro deste programa os obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as comunidades de bens e sociedades civís, que contraten persoas traballadoras por conta allea.

As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Prazo xeral para a presentación das solicitudes:  do 16/06/2026 ás 09:00h - 30/09/2026 ás 20:00h

Máis información: DOG DE 09/06/2026

Comments