LinkedIn, o escaparate clave da túa carreira profesional
A Rede Eusumo organiza a formación en liña "LinkedIn, o escaparate clave da túa carreira profesional"
Datas: do 18 de xuño ao 02 de xullo de 2026
Modalidade: en liña
Duración: 20 horas
Inscricións: a través do Campus Eusumo
Obxectivo: Axudar ás persoas emprendedoras de economía social a usar LinkedIn de forma estratéxica para gañar visibilidade, crear rede de contactos e xerar oportunidades reais, construíndo un perfil profesional sólido e aliñado cos seus valores.
Público obxectivo: Persoas emprendedoras e profesionais que precisan dar visibilidade aos seus proxectos, ampliar a súa rede de contactos e acceder a novas oportunidades de colaboración, así como aquelas que queren protexer unha imaxe profesional sólida e coherente para mellorar as súas opcións laborais. Ademais do público en xeral.
As inscricións estarán abertas ata o 17 de xuño de 2026.
Máis información: EUSUMO




Comments