Skip to main content
MIT

Laboratorio ‘Colapso’

Obradoiro de teatro para mozas e mozos de 16 a 21 anos

 

Datas e lugar

Datas: de 7 a 11 de xullo, e de 13 a 18 de xullo

Horarios: de 10:00 a 14:00h (e máis o sábado 18 de xullo, no horario da función)

Casa da Cultura (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 4, 32400 Ribadavia, Ourense)

*Actividade gratuita con inscrición previa: https://forms.gle/xd31vZur4qnfz8Kj6 

SOBRE O PROXECTO

Tes entre 16 e 21 anos? Gústache o teatro?

Do 7 ao 17 de xullo os artistas Juan Ayala e Miguel Oyarzun levarán a cabo un obradoiro gratuíto de artes vivas que culminará nunha mostra aberta ao público o 18 de xullo ás 21:00h no marco da 42ª edición da MIT Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Aproveita esta oportunidade para subir ao escenario e compartir a túa mirada.

QUE É “COLAPSO”?

COLAPSO é un proxecto comunitario facilitado por Juan Ayala e Miguel Oyarzun para mozas e mozos de entre 16 e 21 anos. É unha actividade de creación a partir do teatro, a danza, a escritura e a música. A idea nestes 10 días é desfrutar xuntas, compartindo un proceso de creación multidisciplinar onde cada persoa pon á disposición do grupo as ferramentas artísticas que coñece ou lle gustaría coñecer mellor para crear algo en común, pero sobre todo para gozar do proceso. As persoas participantes poderán espertar as súas habilidades artísticas e ser protagonistas do uso da escena de forma colaborativa.

No obradoiro investigarase que significa ser nova no noso presente e como esta xeración se enfronta a un mundo mergullado nunha crise ecolóxica. COLAPSO aborda os límites do crecemento material e económico, a idea de progreso e a relación da mocidade co planeta e o seu porvir. Que se pode facer ante a posibilidade da fin do mundo cando tes 18 anos?

Búscase promover a arte na mocidade como detonante de novos procesos de aprendizaxe relacionados co momento presente. A mocidade e a adolescencia asócianse a miúdo coa irracionalidade e o exceso, pero, nesta crise ecosocial, quen son as persoas que realmente se exceden?

JUAN AYALA E MIGUEL OYAZUN (UNA VEZ EN LA VIDA)

Juan Ayala (Madrid, 1978) e Miguel Oyarzun (Madrid, 1983) colaboran desde 2010 facendo teatro, performance e eventos públicos con e sobre a xente que participa neles. Os seus proxectos, tanto profesionais como comunitarios, foron presentados no Teatro Español, o Museo Reina Sofía, o Teatro de la Abadía ou Matadero Madrid, así como no Festival de Almagro e o Teatro Central, entre outros. Ambos contan con experiencia en produción, comisariado, dramaturxia e deseño de espazos escénicos, e teñen traxectoria internacional.

https://unavezenlavida.org/proyectos/colapso/

EQUIPO

As sesións estarán a cargo de Juan Ayala e Miguel Oyarzun, dous profesionais das artes escénicas cunha longa traxectoria en teatro comunitario.

ONDE?

Auditorio da Casa da Cultura
(Rúa Celso Emilio Ferreiro, 4, 32400, Ribadavia)

COMO NOS ORGANIZAMOS?

Serán 10 sesións en horario de mañá, de 10.00 h a 14.00 h, do 7 ao 17 de xullo, e 1 sesión de tarde o sábado 18. O traballo dará como resultado unha peza escénica e un coloquio co público o sábado 18 de xullo no Auditorio da Casa da Cultura, en Ribadavia.

  • Martes 7 de 10:00 a 14:00 h
  • Mércores 8 de 10:00 a 14:00 h
  • Xoves 9 de 10:00 a 14:00 h
  • Venres 10 de 10:00 a 14:00 h
  • Sábado 11 de 10:00 a 14:00 h
  • Luns 13 de 10:00 a 14:00 h
  • Martes 14 de 10:00 a 14:00 h
  • Mércores 15 de 10:00 a 14:00 h
  • Xoves 16 de 10:00 a 14:00 h
  • Venres 17 de 10:00 a 14:00 h
  • Sábado 18 de 10:00 a 14:00 h e función ás 19.00 h

ANÍMASTE?

A participación é gratuíta e non require formación teatral previa. O número de prazas é limitado. Se se inscriben máis persoas das que poidan ter cabida, abrirase unha lista de agarda.

INSCRICIÓNS

Prazo de inscrición: do 26/05/2025 ao 30/06/2025

Capacidade: 25 participantes

Prezo: Gratuito

Inscricións: por orde de solicitude, a través do formulario: 

https://forms.gle/xd31vZur4qnfz8Kj6 

Comunicarase a listaxe de admisión o 30 de xuño ou antes no caso de chegar á capacidade máxima. De haber máis solicitudes que prazas, constituirase unha lista de espera.

Comments