O Concello de Baltar convoca unha praza temporal de auxiliar administrativo/a
O Concello de Baltar abriu o proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha persoa para ocupar unha praza de auxiliar administrativo/a.
- Prazas convocadas: 1.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal.
- Xornada: parcial de 6 horas diarias.
- Duración do contrato: 4 meses.
- Sistema de selección: concurso-oposición.
- Presentación de solicitudes: no Rexistro do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
- Prazo de solicitude: tres días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
- Bases da convocatoria: dispoñibles no Concello e na sede electrónica: https://baltar.sedelectronica.gal.




Comments