Ir o contido principal

O Concello de Baltar convoca unha praza temporal de auxiliar administrativo/a

O Concello de Baltar abriu o proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha persoa para ocupar unha praza de auxiliar administrativo/a.

  • Prazas convocadas: 1.
  • Modalidade de contratación: contrato laboral temporal.
  • Xornada: parcial de 6 horas diarias.
  • Duración do contrato: 4 meses.
  • Sistema de selección: concurso-oposición.
  • Presentación de solicitudes: no Rexistro do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
  • Prazo de solicitude: tres días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
  • Bases da convocatoria: dispoñibles no Concello e na sede electrónica: https://baltar.sedelectronica.gal.

Comments