VI edición dos Premios Literarios Pinto e Maragota 2026
O Concello de Pontevedra convoca a VI edición dos Premios Literarios Pinto e Maragota, en colaboración con Edicións Xerais de Galicia, co obxectivo de visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero a través da creación literaria.
Persoas destinatarias
- Poderán participar autoras e autores maiores de idade, de calquera nacionalidade.
- As obras deberán estar escritas en lingua galega e axustarse á normativa oficial da Real Academia Galega.
Premio
- Concederase un único premio dotado con 3.000 euros, suxeito ás retencións legalmente establecidas.
Prazo de presentación
- O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto durante 30 días naturais, contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Finalidade da convocatoria
- Promover a creación literaria en galego.
- Favorecer a visibilización e a dignificación da diversidade sexual e de xénero en todos os ámbitos da vida social.




Comments