XXVI edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre "Cidade de Lugo"
O Concello de Lugo convoca a XXVI edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre "Cidade de Lugo", unha iniciativa dirixida a persoas maiores de 18 anos que se celebrará o domingo 12 de xullo de 2026.
Quen pode participar?
- Persoas de 18 anos ou máis.
- Cada participante poderá presentar unha única obra.
Premios
- 1º premio: 1.600 €.
- 2º premio: 1.100 €.
- 3º premio: 900 €.
- Cinco premios de 300 €.
- Premio especial para artista local, nacido/a ou residente en Lugo (non compatible cos restantes premios).
Inscricións
- O propio día do certame, entre as 9:00 e as 11:00 horas.
- Lugar: Servizo de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo (Praza Maior, 1).
- Durante a inscrición realizarase o selado dos soportes, que non poderán superar os 100 x 100 centímetros.
Entrega das obras
- As obras deberán presentarse de forma anónima entre as 16:00 e as 17:00 horas na Praza Maior.
Fallo do xurado
- O veredicto darase a coñecer ás 18:00 horas, de acordo cos criterios establecidos nas bases da convocatoria.




Comments