Skip to main content
Certificados dixitais? Chave 365? Notificacións electrónicas?...

Certificados dixitais? Chave 365? Notificacións electrónicas?...

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), convoca en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia xornadas de formación práctica dixital (E-martes) que abordará o seguinte contido:
 - Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal.
 - Notificacións por comparecencia.
 - Identificación dixital (certificados dixitais e Chave).
 - Sede electrónica.

Desenvolvemento:
Modalidade de impartición: presencial.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: o martes 25 de febreiro de 2025.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas.
Número de prazas: 50.

inscrición nesta actividade formativa realizarase por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula

prazo para a inscrición nesta actividade estará aberto ata as 23.59 horas do día 20 de febreiro de 2025.

Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

Máis información no DOG do 13 de febreiro de 2025 e en https://egap.xunta.gal

Comments