
Cursos da UDC do mes de marzo
Cursos da UDC do mes de marzo
O CUFIE da UDC abre o prazo de preinscrición para os novos cursos gratuítos dirixidos a profesorado e alumnado do mes de marzo.
A Universidade da Coruña, a través do seu Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), pon en marcha unha nova oferta de cursos gratuítos destinados a profesorado e alumnado, que se desenvolverán ao longo do mes de marzo de 2025.
O prazo de preinscrición xa está aberto e finalizará o domingo 16 de febrero.
Oferta formativa para o profesorado
Os cursos dirixidos ao profesorado da UDC buscan fortalecer as competencias docentes e didácticas a través de metodoloxías innovadoras. Desenvolveranse en modalidade en liña, a través do Campus Virtual e Microsoft Teams:
Docencia online máis alá da tecnoloxía
Datas: 3 ao 31 de marzo
Ferramentas e estratexias para tutelar os TFG e TFM
Datas: 3 ao 31 de marzo
Análise de datos con SPSS: nivel medio
Seminarios en liña: 10, 11, 14, 17, 18 e 21 de marzo (9:30-12:00)
Deseño e implementación de materiais didácticos multimedia para a docencia
Datas: 3 ao 31 de marzo
Máis información premendo nesta ligazón.
Oferta formativa para o alumnado
Os cursos para alumnado de grao, máster e doutoramento están orientados á mellora das súa competencias académicas e investigadoras:
Para alumnado de grao e mestrado:
Técnicas de estudo e organización persoal (modalidade presencial)
Datas: 13 de marzo (16:00-19:00) e 14 de marzo (9:30-12:30)
Responsabilidade social dende a perspectiva do individuo (modalidade virtual)
Datas: 3 ao 31 de marzo
Máis información aquí.
Para alumnado de doutoramento:
Introdución á ética da investigación (modalidade presencial)
Seminarios: 10, 11, 12 e 13 de marzo (10:00-13:00)
Técnicas de comunicación na defensa de teses de doutoramento (modalidade presencial)
Seminarios: 17, 18 e 19 de marzo (16:00-20:00)
Máis información aquí.
Máis información:
www.udc.es
Comments