Ir o contido principal
Cursos da UDC do mes de marzo

Cursos da UDC do mes de marzo

Cursos da UDC do mes de marzo

O CUFIE da UDC abre o prazo de preinscrición para os novos cursos gratuítos dirixidos a profesorado e alumnado do mes de marzo.

A Universidade da Coruña, a través do seu Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), pon en marcha unha nova oferta de cursos gratuítos destinados a profesorado e alumnado, que se desenvolverán ao longo do mes de marzo de 2025.

O prazo de preinscrición xa está aberto e finalizará o domingo 16 de febrero.

 
Oferta formativa para o profesorado

Os cursos dirixidos ao profesorado da UDC buscan fortalecer as competencias docentes e didácticas a través de metodoloxías innovadoras. Desenvolveranse en modalidade en liña, a través do Campus Virtual e Microsoft Teams:

Docencia online máis alá da tecnoloxía

Datas: 3 ao 31 de marzo

Ferramentas e estratexias para tutelar os TFG e TFM

Datas: 3 ao 31 de marzo

Análise de datos con SPSS: nivel medio

Seminarios en liña: 10, 11, 14, 17, 18 e 21 de marzo (9:30-12:00)

Deseño e implementación de materiais didácticos multimedia para a docencia

Datas: 3 ao 31 de marzo

Máis información premendo nesta ligazón.


Oferta formativa para o alumnado

Os cursos para alumnado de grao, máster e doutoramento están orientados á mellora das súa competencias académicas e investigadoras:

Para alumnado de grao e mestrado:

Técnicas de estudo e organización persoal (modalidade presencial)

Datas: 13 de marzo (16:00-19:00) e 14 de marzo (9:30-12:30)

Responsabilidade social dende a perspectiva do individuo (modalidade virtual)

Datas: 3 ao 31 de marzo
 
Máis información aquí.

Para alumnado de doutoramento:

Introdución á ética da investigación (modalidade presencial)

Seminarios: 10, 11, 12 e 13 de marzo (10:00-13:00)

Técnicas de comunicación na defensa de teses de doutoramento (modalidade presencial)

Seminarios: 17, 18 e 19 de marzo (16:00-20:00)

Máis información aquí.


Máis información:
www.udc.es

Comments