Baños de Molgas abre o proceso de selección para contratar unha brigada municipal de prevención e defensa contra incendios
O Concello de Baños de Molgas convoca un proceso selectivo para a contratación temporal de oito persoas que integrarán a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais durante a campaña de 2026.
Prazas convocadas
- 1 xefe/a de brigada.
- 1 peón/oa condutor/a de brigada.
- 3 peóns/ás de brigada.
- 3 condutores/as de vehículo motobomba.
Tipo de contratación
- Contrato laboral de duración determinada vinculado a programas financiados con fondos europeos.
Duración
- 3 meses.
Sistema de selección
- Concurso de méritos.
Presentación de solicitudes
- O prazo será de 5 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Máis información
As bases da convocatoria poden consultarse nas oficinas municipais do Concello de Baños de Molgas, con bases diferenciadas para a brigada e para o persoal do vehículo motobomba.




Comments