Ir o contido principal

Baños de Molgas abre o proceso de selección para contratar unha brigada municipal de prevención e defensa contra incendios

O Concello de Baños de Molgas convoca un proceso selectivo para a contratación temporal de oito persoas que integrarán a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais durante a campaña de 2026.

Prazas convocadas

  • 1 xefe/a de brigada.
  • 1 peón/oa condutor/a de brigada.
  • 3 peóns/ás de brigada.
  • 3 condutores/as de vehículo motobomba.

Tipo de contratación

  • Contrato laboral de duración determinada vinculado a programas financiados con fondos europeos.

Duración

  • 3 meses.

Sistema de selección

  • Concurso de méritos.

Presentación de solicitudes

Máis información

As bases da convocatoria poden consultarse nas oficinas municipais do Concello de Baños de Molgas, con bases diferenciadas para a brigada e para o persoal do vehículo motobomba.

Comments