Skip to main content
Probas para o título da ESO para maiores de 18 anos

Probas para o título da ESO para maiores de 18 anos

A Xunta de Galicia convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos.

Requisitos das persoas aspirantes:

- Ser maior de dezaoito anos ou cumprir esa idade no ano 2025.
- Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
- Non estar nin ter estado a cursar ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ordinaria nin de formación profesional básica no curso 2024/25, agás as persoas matriculadas durante este curso na educación secundaria para persoas adultas, que poderán inscribirse nas probas se previamente cumpren as seguintes condicións:
          -Ter solicitado a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.
          -Así mesmo, para acudir á primeira convocatoria, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

Realización das probas:-
1. Convocatoria de abril: a proba terá lugar o día 11 de abril de 2025.
2. Convocatoria de xuño: a proba terá lugar o día 6 de xuño de 2025.

prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba serán:

a) Para a convocatoria de abril: do 10 ao 21 de febreiro de 2025, ambos os dous incluídos.

b) Para a convocatoria de xuño: do 31 de marzo ao 10 de abril de 2025, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria que non superen a totalidade dos ámbitos da proba consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

Poderanse presentar solicitudes de inscrición nos seguintes centros educativos:

a) A Coruña: EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, nº 3, 2º andar, 15011 A Coruña.
b) Ferrol: EPAPU Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.
c) Santiago de Compostela: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago
de Compostela.
d) Lugo: EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
e) Ourense: EPAPU de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, nº 4, 32002 Ourense.
f) Pontevedra: EPAPU Río Lérez, avenida de Buenos Aires, nº 26, 36002 Pontevedra.
g) Vigo: EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, nº 8, 1º andar, 36202 Vigo.

As solicitudes poden descargarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED540A

Máis información e exames de anos anteriores en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238
Publicado no DOG num. 26 do 7 de febreiro de 2025.

Comments