Skip to main content
inclusión

Programa convivencia inclusiva na Deputación de Pontevedra

Estas bases teñen por obxecto regular a convocatoria do programa “+Convivencia inclusiva” para o exercicio 2026, así como establecer o procedemento e as condicións que rexerán a concesión de subvencións destinadas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que desenvolvan actuacións de lecer inclusivo no ámbito da discapacidade e da dependencia na provincia de Pontevedra.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo para presentar as solicitudes será dous (2) meses, contados a partir do quinto día hábil seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/22/2026057703

Comments