Axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos
A Axencia Galega das Industrias Culturais publica as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das Axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e procede a abrir a convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207B).
Persoas beneficiarias
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes, dadas de alta cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun (1) ano na epígrafe IAE 961.1, e cun centro de traballo ou oficina permanente de, polo menos, un (1) ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia. Quedan excluídas desta convocatoria as agrupacións de interese empresarial.
Prazo de presentación de solicitudes: do 24 de xullo ao 24 de agosto de 2026.
Máis información: DOG DE 23/07/2026




Comments