A Mancomunidade da Terra Chá convoca 5 prazas de peón/oa forestal
A Mancomunidade de Municipios da Terra Chá abre o prazo para a selección e contratación temporal de 5 peóns/oas forestais destinados ao mantemento dos espazos naturais da comarca.
-
Entidade convocante: Mancomunidade de Municipios da Terra Chá.
-
Número de prazas: 5 prazas de peón/oa forestal (persoal laboral temporal).
-
Obxectivo dos puestos: Realización de tarefas de mantemento dos espazos naturais nos municipios integrados na Mancomunidade, no marco do Fondo de Compensación Ambiental 2026.
-
Tipoloxía e duración do contrato: Contrato laboral temporal por circunstancias da produción cunha duración máxima de 80 días.
-
Retribución: 1.424,50 € brutos mensuais.
Requisitos das persoas aspirantes:
-
Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
-
Titulación: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente.
-
Nacionalidade: Española, dun estado membro da Unión Europea ou cumprir os supostos legais de libre circulación de traballadores/as.
-
Capacidade funcional e non estar inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.
-
Coñecemento de lingua galega: Acreditar o certificado CELGA 2 (ou equivalente) ou superar a proba específica de idioma.
Prazo e lugares de presentación:
-
Prazo: 5 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP Lugo nº 169, do 27 de xullo de 2026).
-
Lugares de presentación:
-
Rexistro Xeral da Mancomunidade (Sede no Concello de Cospeito: Avda. da Terra Chá, 29, Feira do Monte, Cospeito).
-
Sede electrónica da Mancomunidade (
[https://mancomunidadeterracha.sedelectronica.gal/](https://mancomunidadeterracha.sedelectronica.gal/)). -
Por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, remitindo copia escaneada da solicitude o mesmo día por correo electrónico a
administrativo@mancomunidadeterracha.org.
-
Procedemento de selección:
-
Sistema: Concurso-oposición.
-
Fase de oposición (máx. 10 puntos):
-
Exame práctico sobre funcións propias do posto (mínimo 5 puntos para superar).
-
Proba de lingua galega (obrigatoria e eliminatoria, agás exentos por CELGA 2).
-
-
Fase de concurso (máx. 5 puntos):
-
Experiencia profesional como peón/oa forestal (máximo 3,5 puntos).
-
Cursos de formación relacionados co posto (máximo 1,5 puntos).
-




Comments