
Axudas económicas a persoas emigrantes galegas retornadas
A Xunta de Galicia convoca axudas extraordinarias de carácter social e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que carezan dos recursos suficientes, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.
As solicitudes podense tramitar na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co procedemento PR905A
O prazo estará aberto ata o 30 de setembro de 2025, incluído.
Máis información no DOG do 12 de febreiro de 2025 e en https://emigracion.xunta.gal/es/la-secretaria/transparencia/ayudas-y-subvenciones
Comments