IX Certame de Poesía Torre de Caldaloba do Concello de Cospeito
O Concello de Cospeito convoca o IX Certame de Poesía Torre de Caldaloba, aberto a autores e autoras de 16 anos en adiante, con obras escritas en lingua galega.
Participantes
- Idade: desde os 16 anos.
- Idioma: galego.
- Cada autor ou autora poderá presentar unha única obra.
- Non poderán participar as persoas gañadoras das dúas últimas edicións.
Características das obras
- Poemarios de entre 300 e 600 versos.
- Obras orixinais, inéditas e non premiadas noutros concursos ou certames literarios.
- Temática, métrica e rima libres.
- Deberán presentarse escritos a ordenador, por unha soa cara, en Arial, tamaño 12.
Premios
- 1.º premio: 1.500 € e publicación da obra no prazo dun ano desde o fallo do xurado.
- 2.º premio: accésit e publicación da obra no prazo dun ano desde o fallo do xurado.
- As persoas gañadoras recibirán tamén unha figura conmemorativa e un diploma.
- No caso de menores de idade, para recibir o premio deberán estar acompañados polo seu pai, nai ou titor/a.
Prazo e presentación
O prazo de presentación das obras comezará o día seguinte da publicación da convocatoria pola BDNS no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante a instancia xeral dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Cospeito.




Comments