Ir o contido principal
cospeito

IX Certame de Poesía Torre de Caldaloba do Concello de Cospeito

O Concello de Cospeito convoca o IX Certame de Poesía Torre de Caldaloba, aberto a autores e autoras de 16 anos en adiante, con obras escritas en lingua galega.

Participantes

  • Idade: desde os 16 anos.
  • Idioma: galego.
  • Cada autor ou autora poderá presentar unha única obra.
  • Non poderán participar as persoas gañadoras das dúas últimas edicións.

Características das obras

  • Poemarios de entre 300 e 600 versos.
  • Obras orixinais, inéditas e non premiadas noutros concursos ou certames literarios.
  • Temática, métrica e rima libres.
  • Deberán presentarse escritos a ordenador, por unha soa cara, en Arial, tamaño 12.

Premios

  • 1.º premio: 1.500 € e publicación da obra no prazo dun ano desde o fallo do xurado.
  • 2.º premio: accésit e publicación da obra no prazo dun ano desde o fallo do xurado.
  • As persoas gañadoras recibirán tamén unha figura conmemorativa e un diploma.
  • No caso de menores de idade, para recibir o premio deberán estar acompañados polo seu pai, nai ou titor/a.

Prazo e presentación

O prazo de presentación das obras comezará o día seguinte da publicación da convocatoria pola BDNS no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante a instancia xeral dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Cospeito.

https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/…

Comments