Skip to main content
dodro

O Concello de Dodro convoca o XXXIX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

O Concello de Dodro convoca a XXXIX edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, un certame destinado a promover a poesía galega e homenaxear a memoria do poeta dodrense que lle dá nome.

Participantes

  • Poden participar persoas maiores de 18 anos.
  • Non poderán participar as persoas premiadas nalgunha das cinco edicións anteriores.
  • Deberán cumprir os requisitos establecidos na normativa xeral de subvencións.
  • As persoas beneficiarias deberán estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Premio

  • Dotación: 2.500 euros.
  • O premio estará suxeito ás retencións fiscais correspondentes.
  • A obra gañadora será publicada, co auspicio do Concello de Dodro, dentro do ano seguinte ao ditame do premio.
  • A persoa autora recibirá gratuitamente 25 exemplares da edición.

Requisitos das obras

Os poemarios deberán:

  • Estar escritos en lingua galega, de forma íntegra ou principal e conforme á normativa oficial.
  • Ser orixinais e inéditos na súa totalidade.
  • Non ter sido premiados anteriormente nin estar comprometidos para a súa publicación cunha editorial.
  • Ter tema e forma libres.
  • Contar cunha extensión de entre 500 e 800 versos.
  • Levar un título e un lema ou pseudónimo.
  • Cada participante poderá presentar un único traballo.

Presentación

As obras deberán presentarse en formato dixital, mediante lapis de memoria ou CD, acompañadas dunha plica ou sobre pechado co título e lema da obra.

No sobre deberá incluírse, entre outra documentación:

  • Copia do DNI.
  • Datos de contacto.
  • Breve currículo literario.
  • Solicitude de participación.
  • Declaración de autoría e orixinalidade.
  • Declaración de aceptación das bases.
  • Declaración responsable de estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • Consentimento para o tratamento dos datos persoais.

Prazo e enderezo de envío

O prazo estará aberto ata o 14 de outubro de 2026.

As obras deberán enviarse por correo postal, sen indicar a persoa remitente, ao seguinte enderezo:

XXXIX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
Concello de Dodro
Tallós, 32
15981 Dodro (A Coruña)

Non se admitirán traballos entregados presencialmente nin os enviados fóra de prazo.

Xurado e resolución

O xurado estará composto por cinco persoas, incluíndo a presidencia da Alcaldía e a secretaría da Concellería de Cultura e Patrimonio, ademais de tres vogais con recoñecida competencia no ámbito da poesía e da crítica literaria.

A resolución terá lugar nunha sesión prevista para o mes de novembro, na Casa da Cultura de Dodro.

Entrega do premio

O acto público de entrega do premio celebrarase o 12 de decembro de 2026 no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

A persoa autora da obra gañadora deberá asistir ao acto de entrega, á presentación da obra e ás actuacións promocionais que se acorden.

Publicación: Boletín Oficial da Provincia da Coruña, núm. 160, do 24 de agosto de 2026.

Máis información: Concello de Dodro e sede electrónica municipal. https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/08/24/2026_0000005520…

Comments