O Concello de Dodro convoca o XXXIX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
O Concello de Dodro convoca a XXXIX edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, un certame destinado a promover a poesía galega e homenaxear a memoria do poeta dodrense que lle dá nome.
Participantes
- Poden participar persoas maiores de 18 anos.
- Non poderán participar as persoas premiadas nalgunha das cinco edicións anteriores.
- Deberán cumprir os requisitos establecidos na normativa xeral de subvencións.
- As persoas beneficiarias deberán estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Premio
- Dotación: 2.500 euros.
- O premio estará suxeito ás retencións fiscais correspondentes.
- A obra gañadora será publicada, co auspicio do Concello de Dodro, dentro do ano seguinte ao ditame do premio.
- A persoa autora recibirá gratuitamente 25 exemplares da edición.
Requisitos das obras
Os poemarios deberán:
- Estar escritos en lingua galega, de forma íntegra ou principal e conforme á normativa oficial.
- Ser orixinais e inéditos na súa totalidade.
- Non ter sido premiados anteriormente nin estar comprometidos para a súa publicación cunha editorial.
- Ter tema e forma libres.
- Contar cunha extensión de entre 500 e 800 versos.
- Levar un título e un lema ou pseudónimo.
- Cada participante poderá presentar un único traballo.
Presentación
As obras deberán presentarse en formato dixital, mediante lapis de memoria ou CD, acompañadas dunha plica ou sobre pechado co título e lema da obra.
No sobre deberá incluírse, entre outra documentación:
- Copia do DNI.
- Datos de contacto.
- Breve currículo literario.
- Solicitude de participación.
- Declaración de autoría e orixinalidade.
- Declaración de aceptación das bases.
- Declaración responsable de estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Consentimento para o tratamento dos datos persoais.
Prazo e enderezo de envío
O prazo estará aberto ata o 14 de outubro de 2026.
As obras deberán enviarse por correo postal, sen indicar a persoa remitente, ao seguinte enderezo:
XXXIX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
Concello de Dodro
Tallós, 32
15981 Dodro (A Coruña)
Non se admitirán traballos entregados presencialmente nin os enviados fóra de prazo.
Xurado e resolución
O xurado estará composto por cinco persoas, incluíndo a presidencia da Alcaldía e a secretaría da Concellería de Cultura e Patrimonio, ademais de tres vogais con recoñecida competencia no ámbito da poesía e da crítica literaria.
A resolución terá lugar nunha sesión prevista para o mes de novembro, na Casa da Cultura de Dodro.
Entrega do premio
O acto público de entrega do premio celebrarase o 12 de decembro de 2026 no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.
A persoa autora da obra gañadora deberá asistir ao acto de entrega, á presentación da obra e ás actuacións promocionais que se acorden.
Publicación: Boletín Oficial da Provincia da Coruña, núm. 160, do 24 de agosto de 2026.
Máis información: Concello de Dodro e sede electrónica municipal. https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/08/24/2026_0000005520…




Comments