Skip to main content
premios

Ponteareas convoca os Premios Menina Sarmiento–Ponteareáns/as Distinguidos/as do Ano 2026

O Concello de Ponteareas convoca a edición 2026 dos Premios Menina Sarmiento–Ponteareáns/as Distinguidos/as do Ano, destinados a recoñecer persoas, entidades, colectivos e iniciativas vinculadas ao municipio que destaquen polo seu talento, traxectoria, compromiso e contribución a Ponteareas.

Categorías

Establécense as seguintes categorías:

  • Cultura
  • Educación, Ciencias e Investigación
  • Empresa e Innovación
  • Compromiso Social
  • Inclusión
  • Deportes
  • Nova Promesa, para persoas de ata 25 anos
  • Embaixada de Ponteareas
  • Emigración/Aveciñamento

Presentación de candidaturas

As candidaturas poderán ser formuladas por:

  • A Alcaldía.
  • As Concellerías.
  • Entidades inscritas nun rexistro oficial de asociacións.
  • A cidadanía, mediante proposta cidadá, nos termos establecidos nas bases.

Prazo

O prazo de presentación será de 5 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Lugar de presentación

As candidaturas deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ponteareas, a través da súa sede electrónica.


https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/08/24/2026063577

Comments