Axudas para o inicio do curso escolar 2026/2027 no Concello de Vimianzo
O Concello de Vimianzo convoca axudas destinadas a familias con dificultades económicas para facer fronte aos gastos derivados do inicio do curso escolar 2026/2027.
Persoas beneficiarias
- Pais, nais ou titores/as de alumnado empadroado no Concello de Vimianzo cunha antigüidade mínima de tres meses á data de publicación da convocatoria.
- O alumnado deberá estar matriculado, para o curso 2026/2027, nun centro educativo público.
- As axudas están destinadas a estudantes de:
- Segundo ciclo de Educación Infantil.
- Educación Primaria.
- Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
- Bacharelato.
- Ciclos formativos de grao medio e superior.
- A renda per cápita da unidade familiar deberá ser inferior a 9.000 euros anuais.
Finalidade das axudas
As subvencións poderán destinarse á adquisición de:
- Material escolar.
- Material musical.
- Material informático.
- Roupa e calzado.
- Outro material que a comisión avaliadora considere necesario para o alumnado, segundo o establecido nas bases reguladoras.
Importe
- Dotación total da convocatoria: 35.000 euros.
Prazo de solicitude
- Ata o 30 de setembro de 2026.
- O prazo comezará a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).
Máis información
- BDNS: 925863.
- As bases reguladoras foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 17 de agosto de 2026 e estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Vimianzo.
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/08/26/2026_0000005565…




Comments