Ir o contido principal
material escolar

Axudas para o inicio do curso escolar 2026/2027 no Concello de Vimianzo

O Concello de Vimianzo convoca axudas destinadas a familias con dificultades económicas para facer fronte aos gastos derivados do inicio do curso escolar 2026/2027.

Persoas beneficiarias

  • Pais, nais ou titores/as de alumnado empadroado no Concello de Vimianzo cunha antigüidade mínima de tres meses á data de publicación da convocatoria.
  • O alumnado deberá estar matriculado, para o curso 2026/2027, nun centro educativo público.
  • As axudas están destinadas a estudantes de:
    • Segundo ciclo de Educación Infantil.
    • Educación Primaria.
    • Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
    • Bacharelato.
    • Ciclos formativos de grao medio e superior.
  • A renda per cápita da unidade familiar deberá ser inferior a 9.000 euros anuais.

Finalidade das axudas
As subvencións poderán destinarse á adquisición de:

  • Material escolar.
  • Material musical.
  • Material informático.
  • Roupa e calzado.
  • Outro material que a comisión avaliadora considere necesario para o alumnado, segundo o establecido nas bases reguladoras.

Importe

  • Dotación total da convocatoria: 35.000 euros.

Prazo de solicitude

  • Ata o 30 de setembro de 2026.
  • O prazo comezará a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).

Máis información

  • BDNS: 925863.
  • As bases reguladoras foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 17 de agosto de 2026 e estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Vimianzo.

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/08/26/2026_0000005565…

Comments