Convocados dous procesos selectivos para o Obradoiro de Garantía Xuvenil “Máis Talento” 2026-2027 en Ribadeo
O Concello de Ribadeo convoca dous procesos selectivos para cubrir os postos de dirección e docencia do Obradoiro de Garantía Xuvenil “Máis Talento” 2026-2027, financiado con fondos europeos.
Postos convocados:
- 1 posto de director/a do Obradoiro.
- 1 posto de docente na especialidade de dinamización de actividades culturais (SSCB0110).
Características dos contratos:
- Contratos laborais temporais vinculados a programas financiados con fondos europeos.
- Xornada completa.
- Duración: 12 meses.
Sistema de selección:
- Dirección: concurso, mediante valoración de méritos.
- Docente de dinamización de actividades culturais: concurso-oposición.
Prazo de presentación:
- 5 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP de Lugo.
- O prazo responde á necesidade urxente de cubrir os postos para iniciar o Obradoiro.
Presentación de solicitudes:
- No Rexistro Xeral do Concello de Ribadeo.
- Tamén a través dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Máis información:
- As bases completas e os actos relativos ao proceso selectivo están dispoñibles na sede electrónica do Concello de Ribadeo e no seu Portal de Transparencia, no apartado de publicidade → institucional → persoal → oferta de emprego público → procesos selectivos.
https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/…




Comments