Ir o contido principal

Convocados dous procesos selectivos para o Obradoiro de Garantía Xuvenil “Máis Talento” 2026-2027 en Ribadeo

O Concello de Ribadeo convoca dous procesos selectivos para cubrir os postos de dirección e docencia do Obradoiro de Garantía Xuvenil “Máis Talento” 2026-2027, financiado con fondos europeos.

Postos convocados:

  • 1 posto de director/a do Obradoiro.
  • 1 posto de docente na especialidade de dinamización de actividades culturais (SSCB0110).

Características dos contratos:

  • Contratos laborais temporais vinculados a programas financiados con fondos europeos.
  • Xornada completa.
  • Duración: 12 meses.

Sistema de selección:

  • Dirección: concurso, mediante valoración de méritos.
  • Docente de dinamización de actividades culturais: concurso-oposición.

Prazo de presentación:

  • 5 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP de Lugo.
  • O prazo responde á necesidade urxente de cubrir os postos para iniciar o Obradoiro.

Presentación de solicitudes:

  • No Rexistro Xeral do Concello de Ribadeo.
  • Tamén a través dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Máis información:

  • As bases completas e os actos relativos ao proceso selectivo están dispoñibles na sede electrónica do Concello de Ribadeo e no seu Portal de Transparencia, no apartado de publicidade → institucional → persoal → oferta de emprego público → procesos selectivos.

https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/…

Comments