Skip to main content
material escolar

Valga convoca axudas para material escolar e transporte no ensino para o curso 2026/2027

O Concello de Valga abre unha convocatoria de axudas para material escolar e transporte, destinada a favorecer a escolarización pública e a formación universitaria das familias con menores recursos económicos.

Persoas beneficiarias

  • Alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil matriculado en centros públicos do concello.
  • Alumnado de Bacharelato e Formación Profesional, nas condicións establecidas na convocatoria.
  • Estudantes universitarios de calquera universidade galega.
  • Estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros de Galicia.
  • Alumnado con necesidades educativas especiais que precise acudir a un centro de educación especial situado fóra do municipio.
  • A renda per cápita familiar non poderá superar os 7.000 €.
  • A persoa solicitante deberá estar empadroada no Concello de Valga e cumprir as condicións de dependencia económica establecidas nas bases.

Liñas de axuda

  • Axudas para material escolar: destinadas ao alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil.
  • Axudas para transporte: destinadas ao resto do alumnado incluído na convocatoria.

Contía

Material escolar

  • De 0 a 5.000 € de renda per cápita: 6 puntos.
  • De 5.001 a 6.000 €: 4 puntos.
  • De 6.001 a 7.000 €: 2 puntos.
  • A axuda poderá ser de 75 €, 50 € ou 30 €, segundo a puntuación obtida.
    Transporte
  • A puntuación determínase segundo a renda per cápita e a distancia ao centro educativo.
  • A axuda poderá acadar os 175 €, 120 € ou 80 €, segundo a puntuación obtida.

A convocatoria conta cun orzamento máximo de 12.000 €, dos que 8.000 € se destinan ás axudas de transporte e 4.000 € ás de material escolar.

Prazo e presentación

As solicitudes poderán presentarse ata o 31 de outubro de 2026, a partir do día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Poderán presentarse:

  • No Rexistro Xeral do Concello de Valga, de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas.
  • A través da sede electrónica do Concello.
  • Polas restantes vías previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Documentación

Entre a documentación que deberá achegarse figuran:

  • DNI da persoa solicitante.
  • Libro de familia.
  • Declaración da renda do exercicio 2025 ou documentación acreditativa dos ingresos.
  • Facturas ou certificación do centro educativo no caso das axudas de material escolar.
  • Certificado de matrícula para Bacharelato, FP, estudos universitarios, ensinanzas artísticas superiores e alumnado con necesidades educativas especiais.
  • Declaración responsable.
  • Certificado bancario da conta.
  • Autorización para as comprobacións correspondentes.

Tamén poderá presentarse documentación complementaria para acreditar, entre outras circunstancias, discapacidade ou incapacidade igual ou superior ao 33 %, situación de desemprego, familia monoparental ou familia numerosa.

BDNS: 926005.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/08/27/2026064202

Comments