Skip to main content
TURISMORURAL

Outono Gastronómico en Turismo Rural

Outro ano máis o Outono Gastronómico en turismo rural de Galicia ofréceche a posibilidade de gozar dunha saborosa gastronomía facendo unha escapada en parella, cos amigos, en familia ou regalándote un tempo para ti só. Dende o 18 de setembro ata o 20 de decembro de 2026*, as casas de turismo rural de Galicia celebran o seu “20º Outono Gastronómico”, patrocinado por Turismo de Galicia. As casas rurais participantes ofrecerán dous menús distintos, exclusivamente concibidos para esta ocasión.

Podes consultar todos os establecementos incluídos na promoción, cos menús e modalidades propostos por cada un deles. Ademais do “Menú Outono Gastronómico” tamén tes a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” -que permite degustar o Menú Outono Gastronómico e pernoctar na casa de turismo rural elixida-, ou gozar da oferta completa coa “Fin de Semana Outono Gastronómico”. E se queres compartir coa familia a fin de semana, podes apuntarte á oferta “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico” (1 ou 2 nenos/as). Tamén poderás gozar do Outono Plus naqueles establecementos que oferten adicionalmente outras actividades complementarias como experiencias termais, descenso en canoa, sendeirismo, visitas culturais…

 

https://www.turismo.gal/que-facer/promocions-para-gozar-agora/outono-ga…

Comments