Skip to main content
XOVE

Xove convoca o XII Concurso de Fotografía Medioambiental «Xove, a súa costa e o seu mar»

O Concello de Xove convoca o XII Concurso de Fotografía Medioambiental «Xove, a súa costa e o seu mar», co obxectivo de incentivar a participación cidadá na protección do medio ambiente a través da imaxe e da reflexión.

Prazo de presentación: ata o 30 de outubro de 2026.

Participantes: poderá participar calquera persoa.

Documentación:

  • Ficha de inscrición e declaración de autoría.
  • Copia do NIF da persoa participante.
  • CD ou pendrive coas imaxes dixitais.

A documentación deberá presentarse nun sobre pechado, indicando no exterior «XII Concurso de fotografía medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”».

Lugar de presentación:

  • Rexistro de Entrada de Documentos do Concello de Xove (Casa do Concello, Camiño Real, s/n, 27870 Xove).
  • Por correo postal ordinario. Neste caso, a Oficina de Correos deberá facer constar no sobre a data de presentación, que deberá ser como máximo o 30 de outubro de 2026.

Premios:

  • Primeiro premio: 120 euros.
  • Segundo premio: 100 euros.
  • Terceiro premio: 90 euros.
  • Cuarto premio: 75 euros.
  • Quinto premio: 65 euros.

Os premios corresponden a unha única categoría e as contías son líquidas. O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria.

Máis información: Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), convocatoria 929661.

https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/…

Comments