Xove convoca o XII Concurso de Fotografía Medioambiental «Xove, a súa costa e o seu mar»
O Concello de Xove convoca o XII Concurso de Fotografía Medioambiental «Xove, a súa costa e o seu mar», co obxectivo de incentivar a participación cidadá na protección do medio ambiente a través da imaxe e da reflexión.
Prazo de presentación: ata o 30 de outubro de 2026.
Participantes: poderá participar calquera persoa.
Documentación:
- Ficha de inscrición e declaración de autoría.
- Copia do NIF da persoa participante.
- CD ou pendrive coas imaxes dixitais.
A documentación deberá presentarse nun sobre pechado, indicando no exterior «XII Concurso de fotografía medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”».
Lugar de presentación:
- Rexistro de Entrada de Documentos do Concello de Xove (Casa do Concello, Camiño Real, s/n, 27870 Xove).
- Por correo postal ordinario. Neste caso, a Oficina de Correos deberá facer constar no sobre a data de presentación, que deberá ser como máximo o 30 de outubro de 2026.
Premios:
- Primeiro premio: 120 euros.
- Segundo premio: 100 euros.
- Terceiro premio: 90 euros.
- Cuarto premio: 75 euros.
- Quinto premio: 65 euros.
Os premios corresponden a unha única categoría e as contías son líquidas. O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria.
Máis información: Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), convocatoria 929661.
https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/…




Comments