Skip to main content
Starcon

Starcon

Os afeccionados aos videoxogos e á cultura xaponesa poderán participar no evento Starcon nas instalacións de Studio Follow (na rúa Gambrinus da Coruña).
A Starcon celebrarase entre o 1 e o 3 de marzo, e neste evento poderemos atopar videoxogos variados, actividades de cosplay, karaoke, xogos de mesa e un mercado de artesáns, na liña doutras citas semellantes que cada vez son máis habituais en Galicia.
Cómpre salientar que estamos ante un evento de pagamento, no que se pode participar pagando 3 euros por día ou 5 euros polos 3 días.

https://www.instagram.com/p/DFLkl5XMIfF/ 

Comments