Skip to main content
formacion

Certificado de profesionalidade en operacións de gravación e tratamento de datos e documentos

ARA Formación ofrece unha formación 100 % gratuíta dirixida a persoas menores de 30 anos en situación de desemprego e inscritas no Servizo de Emprego.

  • Curso: Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos (ADGG0508).
  • Nivel: 1, polo que non se requiren estudos académicos previos.
  • Destinatarios/as: menores de 30 anos desempregados/as inscritos/as no Servizo de Emprego.
  • Modalidade: teleformación (online).
  • Inicio previsto: novembro de 2026.
  • Prácticas profesionais: inclúe prácticas non laborais en empresas.
  • Exames finais: realizaranse de maneira presencial en Pontevedra.
  • Axudas: dispón de bolsas e axudas para o desprazamento nos días de exame para o alumnado que teña que desprazarse desde outras localidades.
  • Gratuíta: formación financiada.
  • Titulación: certificado de profesionalidade oficial con validez en todo o territorio nacional.

A formación permite adquirir competencias relacionadas coa gravación, tratamento e xestión de datos e documentos, facilitando o acceso á cualificación profesional e ao mercado laboral.

As persoas interesadas poden consultar os requisitos e a información detallada da convocatoria a través de ARA Formación.

   Conchi Garcia Riestra

   conchi@araformacion.es

   Tlno: 686073369

Comments