Skip to main content
asociaicóns

Subvencións a asociacións de ámbito municipal no Concello de Narón

A convocatoria ten por obxecto a concesión de subvencións para actuacións e programas realizados durante o exercicio 2025 que promovan e dinamicen a participación activa da veciñanza no tecido asociativo, nas seguintes áreas: socioeducativa, sociocultural, igualdade, persoas con discapacidade, persoas con drogodependencias, infancia, inmigración, minorías étnicas, atención ás persoas maiores, participación cidadá, mocidade, medioambiental e en saúde.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/02/2026_0000006337.html

Comments