Máis de 40 cursos gratuítos en liña para persoas traballadoras de Galicia
O Ministerio de Traballo e Economía Social impulsa unha nova oferta formativa dirixida a persoas traballadoras de Galicia, con máis de 40 cursos especializados e 100 % gratuítos.
A formación permite actualizar coñecementos, adquirir novas competencias e mellorar a adaptación ás necesidades actuais do mercado laboral.
Características da formación:
- Máis de 40 cursos especializados.
- Modalidade: en liña.
- Horario: sen horarios fixos, para facilitar a conciliación coa actividade laboral e persoal.
- Custo: gratuíto.
- Destinatarias: persoas traballadoras de Galicia.
- Non se trata de formación bonificada, polo que non consume créditos de formación das empresas.
- As persoas interesadas poden solicitar directamente os cursos, sen necesidade de realizar trámites a través da empresa.
A oferta inclúe formación en diferentes ámbitos profesionais, como comercio, educación, sanidade, loxística, hostalaría ou xestión empresarial, entre outros.
Títulos oficiais para persoas desempregadas
Tamén están dispoñibles títulos oficiais dirixidos a persoas desempregadas de Galicia, subvencionados ao 100 % pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social.
Esta formación impártese principalmente en modalidade en liña, sen horarios fixos, e inclúe sesións presenciais en Vigo.
Máis información e oferta formativa:




Comments