Skip to main content
info xeral

Subvencións para obras en cemiterios no Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán realiza a convocatoria de subvencións co obxectivo de mellorar as infraestruturas existentes nos cemiterios de titularidade privada para garantir o cumprimento da normativa en materia sanitaria e prestar un servizo de maior calidade aos veciños.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

Poderán presentarse solicitudes de axudas durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación do extracto da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia,que será comunicado dende a Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) nos termos establecidos no art. 20.8 da Lei da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/10/09/2026072285

Comments