FALAR EN PÚBLICO: oratoria, presentacións públicas, persuasión e habilidades comunicativas
A Dirección Xeral de Xuventude convoca o curso en liña “Falar en público: oratoria, presentacións públicas, persuasión e habilidades comunicativas”.
Este curso ten por obxectivo potenciar as habilidades comunicativas e axudarche a liderar calquera situación con éxito. A través de vídeos e recursos teóricos accesibles en liña, aprenderás a estruturar intervencións persuasivas, dominar a comunicación verbal e non verbal, e desenvolver o teu liderado e asertividade.
DESTINATARIOS: persoas mozas residentes en Galicia ou Portugal que teñan unha idade comprendida entre os 18 e os 30 anos no momento de iniciar o curso
📅 DATAS DE CELEBRACIÓN: 23/10/2026 a 30/11/2026
️Nº DE PRAZAS: 50
INSCRICIÓN: gratuíta
💻 MODALIDADE: en liña
🚀 OBXECTIVOS PRINCIPAIS
-
Comunicar con impacto: Adquirir a claridade, confianza e convicción necesarias para transmitir coñecemento con asertividade.
-
Potenciar a persuasión: Desenvolver unha actitude proactiva, mellorar a capacidade argumentativa e dominar a escoita activa en contextos persoais e profesionais.
-
Deseñar discursos efectivos: Aprender a redactar intervencións e crear presentacións de éxito baseadas no pensamento crítico.




Comments