Skip to main content
Desafios Jovens

Comunicar con confianza: ferramentas de oratoria para a vida profesional da mocidade

Tes entre 18 e 30 anos e queres mellorar a túa forma de comunicarte, falar en público e expresar as túas ideas con seguridade?

Comunicar con confianza é unha formación presencial e gratuíta, práctica e participativa, na que aprenderás ferramentas para comunicarte con maior claridade, seguridade, naturalidade e eficacia, tanto no ámbito profesional como no persoal.

Traballarás, entre outros aspectos:

  • Como falar en público e xestionar os nervios.
  • Como estruturar e presentar as túas ideas de maneira clara.
  • O uso da voz, a respiración e a comunicación non verbal.
  • A improvisación e a capacidade de responder a preguntas inesperadas.
  • A asertividade, a escoita activa e a comunicación interpersoal.
  • A preparación de entrevistas de traballo, presentacións e reunións.
  • Técnicas como o storytelling e o elevator pitch.

Será unha formación eminentemente práctica, con exercicios individuais e en grupo, simulacións de situacións reais e acompañamento personalizado. Ademais, contarás con 3 horas de titoría para resolver dúbidas e preparar os exercicios.

 + información

Comments