Obradoiro "Adolescencia, discapacidade e familia"
A Fundación Kike Osborne (de axuda e acompañamento ás familias que teñen fillos con discapacidade) convoca o taller "Adolescencia, discapacidade e familia”, que será impartido por Sonia López, psicopedagoga e experta en educación emocional e adolescencia.
📍 Hotel Hesperia A Coruña Centro (Rúa Juan Flórez, 16)
🕤 Sábado 28 de novembro. De 9.30 a 14.00 h
💛 Gratuíto, dirixido a familias e profesionais, con servizo de ludoteca para os fillos con discapacidade e os seus irmáns, para que as familias poidan vivir a mañá con tranquilidade. Haberá tamén coffee break.
O taller está pensado para todas as familias con fillos adolescentes e tamén para as que teñen fillos máis pequenos. Traballarase a comunicación entre pais e fillos, a xestión das emocións e o establecemento de límites.
Pódese reservar praza dende a App +Family (co QR do cartel) ou chamando ao 659 372 295.
Máis información en Fundación Kike Osborne




Comments