Skip to main content
entroido ben interés cultural

O Entroido, ben de interese cultural do patrimonio inmaterial

A Xunta de Galicia declara Ben de interese cultural do patrimonio inmaterial o Entroidoentroido galego

O texto da declaración protexe toda a celebración nas súas diferentes formas, a abranguer todo o calendario vencellado á festa, desde o Día do Petardazo ao Domingo de Piñata, as distintas máscaras e manifestacións tradicionais da mesma e mesmo o aspecto gastronómico destas datas.

A Xunta lembra que entroidos como os de Santiago de Arriba (Chantada), Salcedo (A Proba do Brollón) e Esgos, contan xa coa declaración como Ben de Interese Cultural no marco da protección para a paisaxe cultural da Ribeira Sacra aprobada en 2018. Outras destas celebracións contan co recoñecemento como festas de interese turístico. Trátase dos de Xinzo de Limia, de nivel internacional; do de Verín, de interese turístico nacional; e os de Cobres, Laza, Viana do Bolo, o Folión tradicional do Entroido de Manzaneda, os Xenerais da Ulla, Maceda, Vilariño de Conso, Foz e o Enterro da Sardiña de Marín que son de interese galego.

DOG do 11 de marzo de 2025

Comments