
Premio Nacional de Pintura Mainel
A Fundación Mainel convoca o 28º Premio Nacional de Pintura para artistas menores de 35 anos.
Poderá participar calquera artista nado/a despois do 31 de decembro de 1989, calquera que sexa a súa nacionalidade.
A data límite de inscrición ao 28º Premio de Pintura é o venres 23 de maio de 2025 ata as 10:00 AM (CET).
A inscrición realizarase unicamente a través da web da Fundación Mainel.
Cada participante poderá presentar só unha obra, con dimensións non superiores a 150×150 cm. (incluído o marco, no seu caso) e 20 kg. de peso máximo. O tema será de libre elección, así como os soportes e materiais empregados.
Premios:
Primeiro Premio 5.000 euros.
Segundo Premio 2.000 euros.
Así mesmo, outorgaranse 9 mencións de honra que se expoñerán xunto coas dúas obras premiadas, e aparecerán no catálogo editado con motivo do Premio.
Más información e inscrición: Fundación Mainel
https://mainel.org/noticias/28-premio-nacional-pintura/
Comments