Skip to main content
illa nova

Premio Literario de Narrativa Illa Nova 2025

Editorial Galaxia convoca a oitava edición do Premio Literario de Narrativa Illa Nova 2025, para autores/as menores de 35 anos.

Os traballos presentados estarán escritos en galego, de acordo con a normativa vixente. Deberán ser orixinais, estritamente inéditos e non ser premiados en ningún outro concurso, nin en parte nin na súa totalidade. Ademais, non poderá utilizarse ningún tipo de IA xenerativa na súa creación, circunstancia que se acreditará con declaración xurada de orixinalidade da obra, autoría e non utilización de IA xenerativa na súa redacción.

Os orixinais asinaranse con pseudónimo e lema, que figurarán tamén no exterior dun sobre, que deberá conter no seu interior os seguintes datos: nome, apelidos, dirección, fotocopia do DNI e número de teléfono de contacto, así como a declaración xurada indicada na segunda base.

Poderán participar novelas ou coleccións de contos cunha extensión mínima de 250.000 caracteres con espazos. Os autores deberán indicar na última páxina adxunta o número total de caracteres, con espazos, do seu orixinal. Deberanse enviar seis exemplares impresos, encadernados ou cosidos á dirección: Premio Illa Nova de Narrativa Editorial Galaxia. Travesía de Vigo 71, soto, 36206 Vigo

A data límite para aceptar orixinais estará aberta ata o 15 de abril de 2025.

Concederase un premio único e indivisible de 3.000 euros. A cantidade recibida considerarase un anticipo de dereitos de autor.
A obra gañadora será publicada e comercializada por Editorial Galaxia.

https://editorialgalaxia.gal/convocase-ou-premio-literario-illa-nova-de-narrativa-2025/
 

Comments