
A convocatoria para DiscoverEU 2025 xa ten data
Grazas ao programa DiscoverEU os mozos e mozas de 18 anos poden viaxar de maneira gratuíta por toda Europa utilizando o Interrail. Este ano a Comisión Europea aprobou a entrega de 35.000 bonos de viaxe.
A nova convocatoria terá lugar entre o 2 e o 16 de Abril e estará aberta á mocidade que:
- Nacese entre o 1 de xullo de 2006 e o 30 de xuño de 2007.
- Sexa residente legal dun estado membro da unión europea ou dun dos seguintes países: Islandia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Noruega, Serbia ou Turquía.
Os participantes deberán pasar un test de 5 preguntas no Portal Europeo da Mocidade para poder ser elixidos.
Aqueles que o sexan poderán facer unha viaxe de ata 30 días entre o 1 de xullo de 2025 e o 30 de setembro de 2026. Ademais recibirán unha tarxeta con múltiples desconto para transporte público, cultura, aloxamento, comida, deportes e outros servizos en 36 países de Europa.
Comments