Skip to main content
poesia

Premio de Poesía Afundación

O XXIII Premio de Poesía Afundación é unha iniciativa da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e do Centro PEN de Galicia, e conta co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

Poderán concorrer ao XXIII Premio de Poesía Afundación persoas de calquera nacionalidade, maiores de idade e que non fosen premiadas cun Premio de Afundación nos últimos 5 anos. Presentarán unha soa obra escrita en lingua galega (segundo a normativa ortográfica vixente).

O premio, un e indivisible, está dotado con 7.000 €.

As obras, que deberán ter unha extensión mínima de 600 versos, non poderán estar presentadas simultaneamente a outros concursos. Deben ser unha creación orixinal e inédita, é dicir, non poden ser unha copia, interpretación, tradución ou similar, dunha obra xa existente, e tampouco poden estar publicadas nin en coñecemento do público mediante calquer medio con anterioridade.

Os traballos deben de se enviar por correo postal ou empresa mensaxeira a:
Sede Afundación Vigo
Rúa Policarpo Sanz, 26, 36202 - Vigo
Indicarase XXIII Premio de Poesía Afundación no sobre.

O prazo de admisión finaliza o 31 de xullo de 2025.

BASES: https://www.afundacion.org/docs/galeria/bases-XXIII-premio-de-poesia.pdf

Comments